O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa, xa traducido amáis de 20 idiomas, achégase agora en galego.Conta a historia dunha familia palestina, os Baraka, que através de diversas xeracións de mulleres, enleadas no tempo e noespazo, nos amosan a dura realidade da franxa de Ghaza. Desdea tola Um Mamdouh ata a americana perdida Nur, pasando polavalente e desleigada Nazmiyeh ou Mariam a dos ollos de dúascores. Personaxes masculinos e femininos nun territorio que lles éhostil e onde a forza, o humor, os lazos familiares, as obrigas e aslembranzas, crean unha rede que lles permite seguir adiante.Unha historia de resiliencia, onde vemos como podemosresistir malia todas as condicións externas adversas grazas áfortaleza das matriarcas.É unha novela de exilio e desarraigo, de esperanza e afouteza,de atopar a propia identidade e o respecto no conflito palestinoisraelí, onde o mundo máxico e o real se mesturan paraconfluíren na idea do azul entre o ceo e a auga, onde sempre seestá, unindo presente e pasado:BúscameEstarei no azulEntre o ceo e a augaOnde todo o tempo é agoraE onde estamos xuntosFluíndo coma un río
Autor: Susan Abulhawa
Editorial: Ediciones Laiovento
Fecha de publicación: 1900-01-01
Edición: 1
Idioma: ES
ISBN-13: 9788484876472
Páginas: 382
| Cantidad | Precio (unidad) |
|---|---|
| precio unitario | Q 302.96 |